Acerca de
A creadora
Laura (1983), considérome unha cosmopolita de corazón campestre, e é que adoro esta dualidade!
Barcelona é a miña cidade natal, nela crieime, estudei e desenvolvinme profesionalmente.
Galicia sempre foi o meu segundo fogar posto que por parte de nai son galega.
Despois de cavilarlo moito, moitísimo; decidín realizar un cambio na miña vida e instalarme en pleno rural galego.
En xaneiro de 2022 establecín o meu campamento basee na aldea familiar situada no Concello de Paradela (Lugo). E aquí deron comezo nuevo aventuras profesionais e persoais encabezadas polo meu proxecto Rural o Urbano.
Amo vivir en plena natureza, cada día é distinto. Aquí, a calma apelídase “intensa”.
As cores, os cheiros, as sensacións, os sons, e é que mesmo o silencio, nunca son iguais. En pleno rural non é que a vida sexa máis lenta, en pleno rural a vida saboréase lentamente.
Esta tola fazaña é tamén o meu tenro e particular homenaxe ás miñas raíces.