PRODUTORES
Somos un altofalante dixital para cada un dos produtores cos que traballamos
O obxectivo principal de Rural ou Urbano é dar visibilidade ao medio rural lucense a través dunha coidada e exquisita selección de produtos gastronómicos locais da provincia de Lugo.
Coñece a historia que hai detrás de cada un dos produtores cos que traballamos, onde elaboran os seus produtos e cal é a filosofía que os abandera. Produtores elixidos porque coñecemos á perfección o seu produto e o seu proxecto.
Produtos únicos e autóctonos
Cos que ofrecemos unha selecta gama de produto gastronómico enfocada a momentos especiais tales como unha beliscada, un picnic, unha merenda unha celebración, etc.
Sabemos que a gastronomía galega esperta paixón e por iso eliximos traballar con produtos moi concretos.
Creando comunidade
Estamos a tecer nosa propia rede de produtores locais cos que traballamos. Promovendo os seus proxectos estamos a poñer en valor a nosa identidade e a nosa cultura.
Pretendemos crear emoción e atracción polo noso territorio. Así como dinamizar a economía do noso ao redor.
Provincia de Lugo
Ónde se localizan os nosos produtores?
Sitúa neste mapa de Lugo onde se localizan os produtores locais lucenses cos que traballamos.
Todos os produtores cos que traballamos apostan por manter a tradición sen deixar ao carón a innovación.
Coñece a orixe concreta de cada uns dos produtos que che ofrecemos.
Doces da Ulloa
Bodega Ribada
Coñece moito mellor a historia de cada un dos produtores