Manifesto
Son dúas formas de mirar, de vivir e de entender o territorio que poden convivir, enriquecerse e avanzar da man.
Cremos nunha Galicia que valora o saber facer dos seus produtores locais, a autenticidade dos seus produtos e a riqueza cultural que existe detrás de cada historia.
Por iso a nosa misión é conectar: produto local de Lugo, territorio e experiencias.
Colaboramos con pequenos produtores lucenses porque valoran a calidade e respectan a nosa contorna. Xuntos contribuímos ao desenvolvemento da economía local do noso ao redor.
Pero Rural o Urbano non é só unha tenda online. É tamén unha plataforma para descubrir a cultura galega contemporánea. Un espazo onde as experiencias gastronómicas, as historias do territorio e as persoas que o fan posible ocupan un lugar protagonista.
Queremos achegar o rural a quen o vive cada día e tamén a quen desexa redescubrirlo desde unha mirada actual.
Porque cremos que o futuro pasa por valorar o que temos preto. Por consumir de forma máis consciente. Por coñecer a orixe do que comemos. E por entender que a autenticidade segue tendo un enorme valor.
Somos gourmet. Somos lifestyle. Somos rural lucense.
“Ser rural é actual”.