Es unha empresa?

EMPRESAS

Sorprende aos teus colaboradores, clientes ou empleados.

Regala orixinalidade e exclusividade.

Obsequia ao teu equipo ao máis puro estilo Rural o Urbano.

Os nosos CAPACKZOS son PACKS de produto envasados en CAPAZOS de palma rematados con bonitos lazos de tea.

Elixe o tamaño e/ou a combinación de produtos que máis se axuste ao teu plan de empresa.

Celebra os teus logros ou premia aos teus mellores aliados transmitíndolles a nosa proposta de valor.

Adaptarémonos ás túas necesidades.

As nosas suxerencias

Calidade e excelencia.

% Descontos por volume.

Flexibilidade nas entregas.

Condicions xerais para empresas:

  • Cando Rural o Urbano reciba un pedido corporativo por parte dunha empresa solicitante que supere as 15 unidades de produto (sexa cal for o produto solicitado), Rural o Urbano dispoñerá dunha marxe de 2 semanas para poder organizar e coordinar o pedido correspondente dun modo totalmente satisfactorio para a empresa. Se non fose posible adquirir as cantidades de produto necesarias desexadas por parte da empresa solicitante, Rural ou Urbano comunicará esta información canto antes para así non avanzar o pedido corporativo en cuestión.
  • Durante as campañas ou accións especiais talles como NADAL, PASCUA ou festividades concretas nas que o pedido corporativo solicitado por parte da empresa supere as 15 unidades de produto (sexa cal for o produto solicitado), a empresa solicitante deberá poñerse en contacto con Rural o Urbano con mínimo 1 mes de antelación para poder organizar e coordinar o pedido correspondente dun modo totalmente satisfactorio para a empresa.
  • Cando unha empresa solicite un pedido corporativo a Rural o Urbano emitiráselle o orzamento correspondente. O orzamento enviado por Rural o Urbano deberá ser aceptado nas 24h-48h seguintes para así proceder á xestión, preparación e envío do pedido. De non ser así o orzamento non terá validez e deberase emitir un novo se fose o caso.
  • Cando a empresa solicitante acepta un orzamento de solicitude de pedido enviado por Rural o Urbano, a empresa solicitante deberá anticipar o pago do 30% do total do pedido solicitado. O 70% restante poderá ser pagado no proceso final de entrega do pedido.
  • Rural o Urbano só realiza envíos de pedidos corporativos a península. Non se realizan envíos de pedidos corporativos ás Illas Canarias, Illas Baleares, Ceuta, Melilla, e Portugal.