“A tradición di que quen ten Sanandresiños sempre terá sorte”, di Jorge Bellón, produtor artesanal dos nosos Sanandresiños.
Descrición:
- Pequena coroa feita a man con xesta galega de 20cm longo x 10cm ancho.
 - O Sanandresiño é un amuleto feito con faragulla de pan moldeada e cocida en forno de leña (coa mesma receita que empregaría calquera panadeiro, fóra do fermento).
 - O Sanandresiño está pintado delicadamente a man con anilina.
 - Todos os Sanandresiños son pezas únicas, as cores sempre poden variar ao da fotografía
 - Todas as coroas de xesta están feitas a man polo que ningunha é igual á outra.
 
Material:
- Xesta galega natural.
 - Faragulla de pan.
 - Anilina para a coloración do Sanandresiño.
 
Información importante:
- A coroa de xesta é un elemento de decoración natural polo que pouco a pouco irase secando. Con todo a xesta aínda que seque perdura no tempo.
 - A xesta é un material ideal para a decoración natural.
 - Os Sanandresiños son pezas artesanais, o seu coidado e temperaturas ambientais son fundamentais para a conservación do seu estado.
 




				
				
				
				
				
				
				
				
Reseñas
Aínda non hai valoracións.