“A tradición di que quen ten Sanandresiños sempre terá sorte”, de Jorge Bellón, produtor artesanal dos nosos Sanandresiños.
- Pequena coroa feita a man con xesta galega de 20cm longo x 10cm ancho.
- O Sanandresiño é un amuleto feito con faragulla de pan moldeada e cocida en forno de leña (coa mesma receita que empregaría calquera panadeiro, fóra do fermento).
- O Sanandresiño está pintado delicadamente a man con anilina.
- Todos os Sanandresiños son pezas únicas, as cores sempre poden variar ao da fotografía
- Todas as coroas de xesta están feitas a man polo que ningunha é igual á outra.
- Xesta natural galega.
- Faragulla de pan.
- Anilina para a coloración do Sanandresiño.
- A coroa de xesta é un elemento decorativo natural polo que pouco a pouco irase secando. Con todo a xesta aínda que seque perdura no tempo.
- A xesta é un material ideal para a decoración natural.
- Os Sanandresiños son pezas artesanais, o seu coidado e temperaturas ambientais son fundamentais para a conservación do seu estado.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.