Sanandresiño mini A Flor

6,00

Os Sanandresiños son amuletos galegos feitos de faragulla de pan moldeada e pintados a man con anilina en San Andrés de Teixido (Concello de Cedeira, Coruña).

Caracterízanse por ser pezas moi orixinais cheas de cor e simbolismo. Cada peza é única, polo que non hai ningunha igual á outra. A cor do Sanandresiño que recibas pode variar segundo dispoñibilidade de stock.

Son 8 os amuletos máis populares. O Sanandresiño mini A Flor é o amuleto para a protección plena.

A súa orixe posúe unha historia de máis de 200 anos de tradición.

Os Sanandresiños cos que traballa Rural o Urbano están realizados polo mestre artesán Jorge Bellón. El e as súas creacións forman parte do proxecto e Fundación Artesanía de Galicia.

Trátase do perfecto agasallo para vodas, celebracións e eventos especiais.

Se es amante da decoración distinta e orixinal quizais che gustará a nosa Coroa de xesta con Sanandresiño mini A Flor ou a Cabeza de burrito de esparto natural. Bótalles unha ollada!

Esgotado

En tu casa en 24h - 48h
Sanandresiño mini A Flor

Esgotado