Libro SUEÑO DE LIBERTAD

23,99

Título do libro: SUEÑO DE LIBERTAD

Autora: Marisa Castro Cerceda

Hércules de Ediciones (A Coruña).

Idioma: castelán

En SUEÑO DE LIBERTAD, a xornalista Rocío Cid, á que coñecemos como biógrafa de Rosalía Carcedo na novela A saga das curandeiras, relátanos a vida dunha hipotética muller, nacida no rural galego, Sabela Couto Roriz (1949). A novela é un percorrido pola súa vida, desde o seu nacemento na época das cartillas de racionamento ata a chegada da democracia, xa na súa mocidade. Narra a batalla que a protagonista tivo que manter para saír do círculo de submisión no que vivían a súa nai e a súa avoa; batalla que gañou mediante o estudo e a rebeldía, que a levaron a poder traballar fóra do fogar, a casar coa persoa que amaba e a ser independente.

Este itinerario de vida serve para ofrecer unha panorámica sobre as faenas agrícolas e gandeiras nas que Sabela viuse obrigada a participar sendo nena e adolescente, sobre a autoridade paterna, a precariedade da vida dunha nena do rural na cidade, as diferenzas de clases sociais, o papel da muller ou as dificultades para vivir un primeiro amor, sempre baixo o xugo da mirada paterna e do que dirán.

SUEÑO DE LIBERTAD é, en definitiva, a historia dunha muller libre adiantada ao seu tempo, dunha muller que traballou para deixar atrás as limitacións e as dificultades da súa educación, e que soñou cunha vida mellor.

Se che interesa a versión galega de este libro fai click aquí.

Saborea a túa lectura cos deliciosos Aloumiños de Xianas.

Hai existencias

En tu casa en 24h - 48h
SKU: SUEÑOESP Categorías: , Etiqueta:
Libro SUEÑO DE LIBERTAD
Libro SUEÑO DE LIBERTAD

Hai existencias