Os viñedos de Bodega Ribada están na subzona de Chantada (D.O Ribeira Sacra). O cultivo da vide faise en escaleira, con desniveis que chegan a alcanzar o 80%. Estamos ante viñedos catalogados como “de montaña”. O traballo é manual, cada labor na viña tense que facer a man porque a mecanización é imposible.
Descrición Selección Ribada Godello:
- D.O Ribeira Sacra.
- Viño branco xove.
- Uva variedade Godello 100%
- Botella bordelesa 75cl.
- Grao alcohólico 13.50% vol.
Elaboración:
- Vendima manual en caixas de 20 Kg, maceración en frío dous días a 4-5 °C, a continuación lixeiro prensado, desfangado estático con frío durante 24 horas. Fermentación durante 10-12 días a temperatura de 14-16 °C, ao final da cal se fai unha trasfega permanecendo no depósito sobre as súas propias leas, ata o proceso de embotellamento no que se realiza unha suave filtración e posterior embotellado.
Nota de cata:
- Limpo e brillante cunha cor amarela limón con irisaciones verdosas, no nariz limpo e moi fino con intensos cheiros (mazá, albaricoque, melón) e un fondo de flores brancas. En boca equilibrada, fresca e longa cun posgusto de moita froita (sobre todo mazá), cunha punta de acidez moi elegante e fresca.
Suxestións de combinación:
- Polbo en aceite de oliva virxe extra Currimar 100g
- Lombos de bonito do norte Currimar 140g
- Queixo Mini Néboa 350g Gandería Quintián
Recomendación:
- Servir entre 10ºC e 12ºC.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.