Doce

Mermeladas DoSouto

Un proxecto persoal que Milagros López materializa no 2012 na aldea de Vilar de Aldixe, (Concello de Paradela, Lugo).

Fiel defensora da elaboración dun produto local de calidade. O seu primeiro gran paso foi apostar pola recuperación da castaña. Un froito desde sempre máis que abundante na área territorial de Paradela.

En Galicia, chamamos “souto” a un terreo poboado por castiñeiros. Milagros decidiu reactivar os soutos da súa familia e xerar rendibilidade a través da castaña e os seus múltiples usos elaborando cremas e caldo de azucre de castaña.

Pouco despois chegaron as súas marmeladas artesás elaboradas por ela mesma con froitos de cultivo propio e de proximidade.

Vilar de Aldixe (Concello de Paradela, Lugo)

Marmeladas artesás deliciosamente autóctonas.

Filosofía

Respectar e promover o territorio a través da elaboración artesanal con materia prima de colleita propia así como de froitos coidadosamente seleccionados.

Diferénciase porque

Marmeladas DoSouto soubo como render homenaxe aos seus antepasados recuperando e poñendo en valor a súa propia contorna, dando como resultado un produto de alta calidade e excelencia cun sabor intenso 100% natural.