Libro SOÑO DE LIBERDADE

23,99

Título do libro: SOÑO DE LIBERDADE

Autora: Marisa Castro Cerceda

Hércules de Ediciones (A Coruña).

Idioma: galego

En SOÑO DE LIBERDADE, a xornalista Rocío Cid, á que coñecemos como biógrafa de Rosalía Carcedo na novela A saga das curandeiras, relátanos a vida dunha hipotética muller, nacida no rural galego, Sabela Couto Roriz (1949). A novela é un percorrido pola súa vida, desde o seu nacemento na época das cartillas de racionamento ata a chegada da democracia, xa na súa mocidade. Narra a batalla que a protagonista tivo que manter para saír do círculo de submisión no que vivían a súa nai e a súa avoa; batalla que gañou mediante o estudo e a rebeldía, que a levaron a poder traballar fóra do fogar, a casar coa persoa que amaba e a ser independente.

Este itinerario de vida serve para ofrecer unha panorámica sobre as faenas agrícolas e gandeiras nas que Sabela viuse obrigada a participar sendo nena e adolescente, sobre a autoridade paterna, a precariedade da vida dunha nena do rural na cidade, as diferenzas de clases sociais, o papel da muller ou as dificultades para vivir un primeiro amor, sempre baixo o xugo da mirada paterna e do que dirán.

SOÑO DE LIBERDADE é, en definitiva, a historia dunha muller libre adiantada ao seu tempo, dunha muller que traballou para deixar atrás as limitacións e as dificultades da súa educación, e que soñou cunha vida mellor.

Se che interesa a versión en castelán de este libro fai click aquí.

Saborea a túa lectura cos deliciosos Aloumiños de Xianas.

Hai existencias

En tu casa en 24h - 48h
SKU: SONOGAL Categorías: , Etiqueta:
Libro SOÑO DE LIBERDADE
Libro SOÑO DE LIBERDADE

Hai existencias