Os viñedos de Bodega Ribada están na subzona de Chantada (D.O Ribeira Sacra). O cultivo da vide faise en escaleira, con desniveis que chegan a alcanzar o 80%. Estamos ante viñedos catalogados como “de montaña”. O traballo é manual, cada labor na viña tense que facer a man porque a mecanización é imposible.
Descrición Selección Ribada Mencía:
- D.O Ribeira Sacra
- Viño tinto xove
- Uva variedade mencía 100%
- Botella bordelesa 75cl
- Grao alcohólico 13.50% vol
- Enóloga: Iria Otero Mazoy
- Consumo: de 1 a 3 anos
Elaboración:
- Vendima normal en caixas. Maceración en frío durante 5-6 días, fermentación a 25 °C. Maloláctica a continuación de alcohólica, trasiega e mantense o viño sen máis trasfega ata o proceso de embotellamento no que se realiza unha suave filtración e posterior embotellado.
Nota de cata:
- Cor moi intensa, vermello granate e ribete azulado moi intenso. Na nariz intensidade moi alta cunha gran expresión de froita madura (cereixa, ameixa) e un lixeiro toque de herba fresca. Na boca moi glicérico cunha acidez moi equilibrada e cun tanino maduro moi harmonioso carnoso. Persistencia, prolongado e intenso retrogusto.
Suxestións de combinación:
- Segue descubrindo os caldos de Bodega Ribada a través do Ribada Selección mencía barrica.
- Segue descubrindo os caldos de Bodega Ribada a través do Ribada Selección Godello.
- Combina este viño xunto aos queixos de Gandería Quintián que te ofremos co noso Capackzo Quintián Gourmet.
Recomendación:
- Servir entre 12ºC e 14ºC.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.